Propietario: Ofibrea
Librarķas e papelarķas
En
Librería Papelería Brea levamos máis de 25 anos dedicados ao sector, dando un servizo moi personalizado aos nosos clientes. Para ir máis aló e cubrir mellor as necesidades de estudantes, profesionais e oficinas, creamos
Ofibrea, empresa pertencente ao
Grupo Ofiexperts, así que agora, ademais da atención e experiencia de sempre:
- Melloramos o servizo: dámos unha atención máis áxil e flexible, especializada e personalizada que nunca.
- Temos uns prezos moi competitivos. E non esiximos compra mínima (coidamos da túa economía).
- Dispoñemos dunha gran variedade de artigos de papelaría, material de oficina, consumibles, equipamentos de oficina, mobiliario e moitas outras cousas; máis de 11.500 referencias nun catálogo impreso ao teu dispor, para que poidas facer o teu pedido sen moverte de onde estás.
- Ademais das marcas máis coñecidas temos á túa disposición artigos coa marca propia do grupo, unha óptima relación calidade-prezo. Ti elixes!
- Facémosche a vida máis cómoda, decide que tipo de servizo che convén máis en cada momento.
- Ofibrea Cash: Dispós de aparcamento gratuíto á porta da tenda para que poidas aprovisionarte inmediatamente sen sufrir o tráfico e os problemas de estacionamento do centro de Betanzos.
- Ofibrea Express: Se es profesional ou empresa e prefires facer un pedido a distancia, levámoscho nós mesmos para que non teñas que deixar de atender outras tarefas. Unha simple chamada para ter nas túas mans a gama máis completa de artigos de papelaría e oficina en menos de 24 horas (nun radio de 40 km e agás en caso de rotura de stock.
- O importe da túa compra traducirase en Ofipuntos acumulables que poderás canxear por un agasallo. Elíxeo persoalmente no noso catálogo especial.