Muebles de cocina As Mariñas

Imaxe de portada As Mariñas

Propietario: Muebles de Cocina as Mariñas S.L.

Mobles, decoración e descanso

Avalados por unha ampla experiencia no mundo da decoración, decidímonos en 1996 a crear As Mariñas, non só unha tenda de mobles de cociña, senón tamén un lugar onde poder gozar do noso traballo. Sempre baseándonos na filosofía do trato personalizado, na selección de materiais innovadores da máis alta calidade e nunha exposición ampla e actual, que nos permite transformarlle ao usuario cada espazo do seu fogar en único e exclusivo.

O noso obxectivo é desenvolver un novo concepto máis ergonómico e funcional da decoración do teu fogar. Un concepto que se adapta á personalidade do usuario e por tanto, que satisface aos clientes máis esixentes.

Os nosos clientes poden ter a seguridade, en todo momento, de que ofrecemos todas as novidades e tendencias do mercado, tanto en deseño como en calidade, apoiándonos para elo no noso fornecedor exclusivo, Moblegal, fabricante de mobles de cociña de recoñecido prestixio. Así mesmo, a nosa vinculación a Master, un dos primeiros grupos de compra de electrodomésticos, permítenos dispor da máis ampla gama de modelos e marcas, así como dos mellores prezos do sector. Froito da estreita relación cos nosos fornecedores, podemos abordar proxectos importantes na venda directa ao sector da construción.

Tras un estudo das últimas tendencias en interiorismo, e buscando a realización do concepto de amoblamento integral do fogar, no ano 2004 abrimos as portas dunha nova tenda. Nela contamos con distintas coleccións de mobiliario: moderno, xuvenil ou clásico, ofrecendo un conxunto de produtos vangardistas dunha alta calidade, para o que contamos coas firmas líderes do mercado actual.

Galerias

  • Galería As Mariñas 11
  • Galería As Mariñas 1


Logo As Mariñas

Rúa das Mariñas 13 Baixo. 15300 Betanzos

Teléfono: 981 775 111

Fax: 981 775 111


asmarinasa r r o b atelefonica.net

Páxina web

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA