UN VERÁN DE PREMIOS!

BASES DO SORTEO DA CAMPAÑA DE PRIMAVERA-VERÁN 2013 DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS CENTRO COMERCIAL ABERTO

>Premio

2.000 divididos en oito premios. O primeiro premio será de 1.000 . Haberá dous segundos premios de 250 cada un e cinco terceiros premios de 100 cada un.

>Reparto de boletos

O reparto de boletos efectuarase entre o 7 e o 22 de xuño de 2013 (ambos incluídos) nos comercios e empresas pertencentes á ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS CENTRO COMERCIAL ABERTO. Para que o boleto teña validez é imprescindible que estea selado polo establecemento emisor. Ademais é obrigatorio presentar os boletos en perfectas condicións e lexibles. Será criterio do responsable do establecemento comercial decidir o número de boletos a entregar a cada cliente segundo o volume de compra. O boleto está dividido en dúas partes: unha parte da papeleta é para o cliente e a matriz do boleto para o establecemento. As dúas partes teñen impreso o mesmo número, co que participan no sorteo.

As matrices serán recollidas pola organización a partir do 25 de xuño de 2013. É responsabilidade do establecemento comercial facilitar a entrega e/ou entregar as matrices á organización para a correcta realización do sorteo. O lugar designado para a entrega das matrices é a sede de ACEBE CCA localizada na Praza Mestre Xosé Dapena 1. Poderán ser entregadas dende o día 25 de xuño ata o 5 de xullo de 2013 (De luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 h.) A organización non se responsabiliza de calquera extravío ou perda de matrices por parte do establecemento comercial.

> Sorteo
Os premios adxudicaranse mediante un sorteo ante notario que se realizará o 8 de xullo 2013 salvo causa de forza maior. Extraerase de entre o total das matrices recollidas un número gañador por cada un dos oito premios. O resultado do sorteo comunicarase a través do número de xullo da publicación "Betanzos e a súa comarca" e da páxina web www.comerciodebetanzos.com. Os posuidores dos números premiados deberán poñerse en contacto con ACEBE.CCA a través do número de teléfono 981774574 ou presencialmente na sede de ACEBE CCA localizada na Praza Mestre Xosé Dapena 1 de Betanzos 2013 (de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 h) nun prazo máximo de 15 días desde a data de realización do sorteo (A DATA TOPE para reclamar o premio é o 24 de xullo ás 14.00 h) e deberán acreditar nese mesmo prazo a posesión do boleto. En caso de non aparecer algún dos boletos premiados antes da data indicada o premio declararase deserto.

> Condicións xerais do sorteo

Os premios distribuiranse mensualmente da seguinte maneira:

1º premio (4 entregas mensuais de 250 )
2º premio (1 entrega de 250 )
3º premio (1 entrega de 100 )

A data tope para canxear os premios é o 20 de decembro de 2013. O premio obxeto do presente sorteo estará suxeito a ingreso a conta do IRPF, que correrá a cargo de ACEBE.CCA.

Os premiados ceden os seus dereitos de imaxe para as reportaxes fotográficas, informativas e promocionais en calquera soporte divulgativo relacionadas coa Campaña Primavera-Verán 2013 de ACEBE.CCA.
Non poderán participar no sorteo o titular, os empregados ou ascendentes/descendentes directos do titular do establecemento emisor do boleto. Sí poderán participar nos emitidos por outros establecementos asociados. Non poderán participar en ningún caso os empregados de ACEBE.CCA nin os membros da Xunta Directiva da Asociación. Os premios só poderán ser entregados a maiores de idade. No caso de que algún premiado sexa menor de 18 anos a entrega realizarase ós seus titores legais, que deberán acreditar documentalmente a súa condición.
O premio só se poderá canxear nos establecementos asociados a ACEBE CCA. O listado de establecementos estará disponible a través da páxina web www.comerciodebetanzos.com. O incumprimento deste requisito pode provocar a devolución íntegra do premio por parte do premiado.
As tarxetas regalo serán emitidas por La Caixa e poderán ser utilizadas para a realización de compras a través de calquera TPV adherido ó sistema VISA sempre e cando as compras se efectúen en establecementos asociados a ACEBE CCA. En todo caso non se permitirá a utilización como medio de disposición de efectivo nin en caixeiros nin en entidades financieiras.

A organización establece como plazo máximo para a entrega dos premios o 5 de setembro de 2013.

Os concursantes poderán consultar as bases do presente sorteo durante o período no que estea vixente a promoción na páxina web www.comerciodebetanzos.com.

En cumprimento coa lexislación en materia de protección de datos, de acordo co establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999 informámolo de que os datos dos gañadores e dos reservas serán incorporados nun ficheiro propiedade de ACEBE CCA con domicilio na Praza Mestre Xosé Dapena 1, 15300 de Betanzos. Éstes poderán facer uso do dereito de acceso, rectificación e cancelación dos datos incorporados a este ficheiro, mediante comunicación ou personación nas oficinas de ACEBE CCA sinaladas anteriormente.

A participación no sorteo implica a aceptación íntegra das bases.

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA