Betanzos e a súa comarca
Betanzos e a súa comarca é un xornal de periodicidade mensual que a asociación de comerciantes e empresarios publica dende hai preto de 15 anos. Na actualidade conta cunha tirada de 15.000 exemplares, distribuídos gratuitamente por toda a comarca das Mariñas.
O xornal naceu co obxectivo de ser un soporte para as inquedanzas dos comerciantes e pequenos empresarios locais. Pero o proxecto xornalístico foi máis alá, profesionalizouse a redacción e hoxe en día informa tanto dos logros de
ACEBE CCA como dos propios asociados e das novas que acontecen en toda a comarca, sendo o principal medio de comunicación da cidade.
Ademais, esta publicación ten como finalidade servir como soporte publicitario para as empresas e o comercio, contribuír á dinamización da vida económica e cultural de Betanzos e da súa comarca, e apoiar a innovación comercial e as propostas de novos empresarios.
Ao longo da súa historia, o periódico caracterízouse pola súa independencia do poder político e pola apertura a todas as olladas involucradas na loita polo desenvolvemento de Betanzos e a súa comarca.
Números publicados
- Agosto 2010 (pdf, 2,02 mb)
- Xullo 2010 (pdf, 1,65 mb)
- Xuño 2010 (pdf, 2,17 mb)
- Maio 2010 (pdf, 1,83 mb)
- Abril 2010 (pdf, 1,84 mb)
- Marzo 2010 (pdf, 1,57 mb)
- Febreiro 2010 (pdf, 1,82 mb)
- Xaneiro 2010 (pdf, 1,96 mb)
- Decembro 2009 (pdf, 2,77 mb)
- Novembro 2009 (pdf, 2,12 mb)
- Outubro 2009 (pdf, 2,04 mb)
- Setembro 2009 (pdf, 2,01 mb)
| 1
| 2
| 3
| 4
| 5
| Seguintes