Historia

A principios dos anos oitenta do pasado século créase a Asociación de Comerciantes de Betanzos, xérmolo da actual asociación. A este colectivo únese posteriormente o de empresarios, dando lugar á Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos -ACEBE-.

En 2005, a organización incorpórase á rede de Centros Comerciais Abertos, logo da aprobación do seu Estudo de Viabilidade por parte da Xunta de Galicia, xerando un cambio significativo na súa actuación e polo tanto no nome, dando como resultado o actual e definitivo: Acebe CCA, Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto.

Dende 2001, a Asociación comeza a realizar diferentes accións comunicacionais de xeito permanente, traducidas en dúas campañas estacionais: nadal e verán. Asimesmo, dende o ano 2005 incorpórase na traxectoria da entidade un novo evento que tenta ser un alicerce de promoción comercial e turística de referencia: a Semana do Comercio e Turismo en Betanzos.

Avisos

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA